Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 57

Entrevista a Jesús Quintá García, presidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia






No ano 2009 creouse a indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia co fin de identificar os froitos obtidos a partir dos soutos autóctonos galegos de castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill.) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado. Estas castañas deben cultivarse e procesarse segundo o regulamento da indicación xeográfica.

Jesús Quintá ademais de presidente da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia é vicepresidente da Asociación de Produtores e Exportadores de Productos Agrosilvestres de Galicia (PROAGROSILGA) e administrador único de Alibós Galicia, S.L., unha das maiores empresas comercializadoras de castaña pelada e conxelada do mundo que comercializa entre 3,5 e 6 millóns de kg de castaña ao ano.

Galicia é a maior produtora de castaña nacional ¿Que cifras de produción e de negocio baralla a indicación xeográfica protexida (IXP) Castaña de Galicia?
A produción oscila habitualmente entre as 15.000 e as 25.000 t/ano e o valor estimado rolda os 40 millóns de euros.

¿Quen consume a castaña galega? ¿Que porcentaxe da produción se consume en Galicia?
A castaña galega consúmese nun 90% fóra de Galicia, un 30% no Estado e o resto en máis de 30 países. O consumo en Galicia é de xeito tradicional, na súa maioría “asada”.

¿A onde se exporta? ¿Como se adoita exportar a castaña? ¿en verde, en seco, transformada?
Os principais países receptores son: Francia, Italia, Suíza, Xapón, Estados Unidos, Alemaña... Adóitase exportar en fresco un 50% e o outro 50% transformada da que a maioría é conxelada e a conserva e seca representa un 5-10% dependendo dos anos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es