Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 264

Ramón Reimunde Noreña, propietario forestal en Alfoz






Ramón Reimunde Noreña é propietario forestal nos concellos da Mariña luguesa de Alfoz, Foz, Cervo e Lourenzá. Posúe aproximadamente 150 ha de monte en unión coa familiar Reimunde SAT, das que 10 ha están a piñeiro radiata, 10 a piñeiro de Oregón, 5 a frondosas, e o resto a eucalipto globulus. Conta con proxecto de ordenación desde 2002. Desde 2000 ata 2004 foi vogal de Montes Particulares da Asociación Forestal de Galicia e desde 2006 é secretario de Promagal e presidente de Promafoz.

¿Cal é a orixe da súa propiedade forestal?
Unha parte importante é por compra, sobre todo a familiares. A outra é por herdanza de meu pai e dos tíos. É unha propiedade moi antiga, de moitos séculos na familia.

¿Cando vostede se fixo cargo dela a que estaba orientada a súa produción? ¿Que cambios na xestión levou a cabo?
Estaba a piñeiro do país e a eucalipto. Tamén a acacia e fraga natural. Os primeiros cambios foron debidos á xestión directa, con moita dedicación a media xornada polas tardes, pois traballaba de profesor. Despois creamos unha SAT familiar, que conservamos, e dotámola de maquinaria e persoal para traballar nos montes, cortando e plantando de novo pola nosa conta. Moito traballiño de noso Señor!

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es