Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Carlos Hermida García, presidente da CMVMC de Matamá (Vigo)






Carlos Hermida preside desde a súa constitución no ano 2004, a comunidade de montes veciñais de Matamá, no concello de Vigo que abrangue case 17 ha e conta con 250 comuneiros. Desde o pasado mes de abril tamén é o vicepresidente de Montes Veciñais da Asocación Forestal de Galicia.

En Vigo, os montes veciñais periurbanos, entre os que se atopa o de Matamá, suman 1.570 hectáreas e constitúen unha xoia patrimonial que hai que preservar ademais dun un verdadeiro cinto verde arborado que abraza a cidade e os distintos núcleos parroquiais. A masa forestal está dominada polo piñeiro bravo (Pinus pinaster), pero tamén hai mouteiras de eucalipto (Eucalyptus globulus) e, cada vez máis, frondosas caducifolias.

Os montes veciñais de Matamá foron clasificados no ano 2004 ¿Por que tan tarde?
A superficie do monte veciñal de Matamá no chega ás 17 hectáreas, distribuídas en seis parcelas. Esta pequena superficie, unido ao seu fraccionamento, á existencia de varias ocupacións por particulares (incluídas casas) e do concello de Vigo e a certa degradación como consecuencia de antigas canteiras de pedra sen restaurar, foron causas que desincentivaron a solicitude de clasificación e retrasaron o seu recoñecemento como monte veciñal con respecto a outras parroquias de Vigo. No ano 2002, un grupo de animosas persoas vencelladas á Asociación de Veciños iniciou a recuperación da propiedade dos terreos comúns parroquiais.

¿Cales foron as principais vicisitudes polas que pasou a comunidade de Matamá nestes anos?
A clasificación dos montes no ano 2004 supuxo unha gran satisfacción para todos nós. Sen embargo o Xurado Provincial de Pontevedra excluíu nesta primeira clasificación algunhas parcelas ocupadas, unha polo propio concello de Vigo utilizada como depósito municipal, e sobre todo a superficie ocupada por la estrada de circunvalación de Vigo coñecida como VG-20, expropiada a favor do concello. O razoamento do Xurado para non clasificar foi que o uso actual destas superficies non era dos veciños. Este repetido argumento do Xurado, foi descualificado pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2007, que fallou a favor de clasificar como terreos de monte veciñal as zonas inicialmente excluídas. Grazas a esta sentencia, a comunidade puido reclamar a indemnización pola expropiación dos terreos ocupados por la VG-20.
No ano 2011 clasificáronse outras catro pequenas parcelas, e nun futuro temos previsto solicitar a clasificación de novas parcelas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es