Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Medio Rural realiza traballos de investigación para controlar o cancro do castiñeiro e así conservar os soutos galegos






A Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Consellería do Medio Rural e do Mar, traballa dende o ano 2003 coa Deputación de Pontevedra -mediante a Estación Fitopatolóxica do Areeiro- desenvolvendo unha liña de investigación de loita biolóxica contra o cancro do castiñeiro, co obxectivo de controlar as súas consecuencias, así como de mellorar e conservar o patrimonio natural dos soutos de Galicia.

Para levar a cabo esta loita biolóxica, realizouse un estudo profundo da natureza e distribución deste fungo co obxecto de atopar cepas hipovirulentas que en contacto coas cepas daniñas as controlen diminuíndo e anulando a súa actividade.

Liña de traballo
O cancro do castiñeiro, Cryphonetria parasitica, presenta dous tipos de cepas, unhas moi agresivas e virulentas que producen graves danos na árbore e a posterior morte, e outras menos activas, as chamadas cepas hipovirulentas que teñen a súa actividade atenuada pola infección dun virus e que controlan os danos que ocasionan as primeiras.

Na primeira fase desta liña de traballo buscáronse estas cepas hipovirulentas compatibles coas hipervirulentas e desenvolveuse en laboratorio unha técnica de produción, conservación e inoculación das mesmas.

Posteriormente, procedeuse á inoculación controlada nunha serie de parcelas experimentais e comprobouse ao longo de case tres anos o control biolóxico da enfermidade, que depende do grao do ataque e do tamaño dos cancros.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es