Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 56

Plan estratéxico de loita integrada contra o goniptero






A reprodución e difusión controlada de Anaphes nitens é unha das accións principais do Plan estratéxico de loita integrada contra Gonipterus platensis, no que a Xunta de Galicia vén traballando dende hai doce anos.

Durante os últimos anos veuse facendo unha mostraxe de parcelas cunha periodicidade mensual, pero dende o ano 2012, esa mostraxe realízase con periodicidade semanal, o que supón un incremento moi importante na intensidade das prospeccións, e polo tanto no coñecemento da distribución de Gonipterus platensis, así como o seu grao de afección.

Para obter unha información directa sobre a situación do defoliador e o seu parasitoide, a Comunidade Autonómica Galega establecéronse 174 parcelas de mostraxe, coa seguinte distribución: A Coruña 89, Lugo 38, Ourense 8 e Pontevedra 39. En cada parcela seleccionáronse 10 árbores e tomáronse dúas mostras por cada árbore, en total 20 mostras elementais por parcela, correspondentes ao extremo apical de 10 cm de lonxitude dunha rama do terzo superior da copa de cada eucalipto elixido para a súa mostraxe. Nestas mostras recóllense os seguintes datos: número de gurgullos adultos e grao de madurez dos mesmos, número de larvas e estadio de desenvolvemento das mesmas, nivel e grao de defoliación e número de ootecas viables e parasitadas. Tamén se recollen datos das árbores seleccionadas. Posteriormente, as mostras achéganse ao laboratorio (Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Deputación Provincial de Pontevedra) onde se determinan os valores de porcentaxe e grao de parasitismo.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es