Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

O goniptero continúa co seu ataque aos eucaliptares galegos






A situación actual das masas de Eucalyptus globulus está pasando polos seus momentos máis críticos, os esforzos por conter o goniptero están sendo insuficientes para atallar o mal e os rendementos están baixando alarmantemente.

Ante esta situación, o pasado mes de decembro o director da Asociación Forestal e a presidenta de Promagal nunha reunión mantida co actual Secretario xeral de Medio Rural e Montes, presentaron a situación sanitaria que atravesan os montes galegos e o fracaso das medidas de prevención e de loita que se puxeron en marcha polo que lle esiximos un cambio radical na política sanitaria e pactar co sector uns plans integrais con recursos suficientes.

O secretario xeral anunciou que se duplicaría a colocación de bolsiñas de Anaphes en toda Galicia para o que se xa se destinaron recursos para a produción de Anaphes. Informóuselle de que esta medida debería poñerse en práctica despois de analizar a situación sobre o terreo e fixar uns obxectivos concretos e con seguridade nos resultados da loita.

Despois dunha análise da situación, acordouse convocar unha reunión que tivo lugar o 15 de febreiro na que se acordou planear un tratamento integral contra o goniptero, incrementado a colocación de bolsas de Anaphes nitens nas áreas de maior presenza do eucalipto.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es