Estudo dos propietarios forestais galegos
Rafael Crecente; Manuel Marey; Verónica Rodríguez
|
Este artigo mostra os avances realizados polo equipo do Laboratorio do territorio de Universidade de Santiago de Compostela, na xeración de propostas que permitan primeiro caracterizar e logo xestionar a propiedade forestal. A metodoloxía presentada ten os seus referentes naquelas desenvolvidas nos países forestalmente máis avanzados de Europa, xunto coa utilización das máis modernas técnicas para o estudo do territorio. Como resultado xorde un concienciudo e
meticuloso traballo de recopilación e análise de información, no que o contacto e a perspectiva dos propietarios forestais constitúe o eixo principal da investigación. |