Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

José Luis Solloso Tiagonce, propietario forestal en Ourol, O Vicedo e Viveiro






José Luis Solloso Tiagonce é propietario forestal nos concello de Ourol, O Vicedo e Viveiro (Lugo). Os seus montes están destinados á produción de madeira de eucalipto glóbulus, na case súa totalidade.

Os concellos de Ourol, O Vicedo e Viveiro están situados ao norte da provincia de Lugo. Ao redor dun 62% da superficie municipal é forestal arborada (unhas 20.000 ha), nela convive a propiedade veciñal (16 comunidades de montes veciñais en man común) coa particular.

¿Cal é a orixe das propiedades forestais que xestiona vostede?
Unha boa parte herdeinas de meu pai e dos meus tíos e outra foron adquisicións que fun facendo ao longo do tempo.

¿Cando se fixo cargo das propiedades e por qué?
Fíxenme cargo aos 21 anos á morte de meu pai. Daquela, eu preferín quedarme co monte, aproveitando que miñas irmás non tiñan inconveniente, porque desde pequeno meu pai levábame con el visitalos e xa daquela lle tiña aprecio ao monte.

¿Que especies ten plantadas?
Excepto hectárea e media que acabo de plantar agora con Eucalyptus nitens para probar como vai, o resto está todo repoboado con E. globulus, excepto algunha que outra carballeira que herdei e que conservo con mimo.

¿Cal foi o motivo de plantar Eucalyptus globulus?
Meu pai tiña a maior parte das propiedades repoboadas con piñeiro do país, só tiñamos eucalipto onde non se daba ben o piñeiro, pero a finais da década dos 80, comezos do 90 o piñeiro comezou a secar e acabamos cortándoo todo e plantando eucalipto, ata o momento estou moi contento con esta elección e, salvo unha hectárea e media que plantei agora con nitens para ver os seus resultados, non teño en perspectiva cambiar de especie, paréceme a máis axeitada dada as características dos terreos e os seus rendementos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es