Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 55

De por que os propietarios forestais galegos son alérxicos á Rede Natura, ou o principio de “quen conserva, paga”



Cristina Verde
Propietaria forestal

Non sería de estrañar que despois do que se leva falado e debatido nos últimos meses sobre a Rede Natura, coincidindo coa súa ampliación e máis coa elaboración do seu Plan Director, se pense que os propietarios forestais estamos en contra da Rede Natura.

Seguramente algúns si o estarán, pero á gran maioría o que lles ocorre é que lle teñen alerxia; non é que na queiran, é que lles senta mal.

Os síntomas son moi claros, comezan a ter mareos de tanto dar voltas pedindo permisos e autorizacións, collen fortes dores lumbares por verse obrigados nalgúns casos a facer os traballos á man, procúranse unhas gafas de aumento para poder ver ben onde poñen a laia temerosos de causar un desastre ecolóxico e acaban encerrados na casa cunha depresión por non atreverse nin a pisar os seus montes, temerosos de que coas súas pisadas se bote a perder o hábitat prioritario que lles tocou en herdanza.

Con estes síntomas non estraña pois que cando os seus veciños se decatan de que lles pretenden ampliar a Rede Natura ata as súas propiedades, se boten a tremer e intenten por todos os medios posibles fuxir de semellante andazo.

A cousa, que mesmo parece do demo, ten a súa explicación.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es