Visita á CMVMC de San Xurxo (Ferrol)
|
O pasado 11 de setembro un grupo de socios, amigos e persoal da Asociación Forestal de Galicia tivo a ocasión de participar nunha visita guiada polo monte da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xurxo. O grupo partiu do local social da comunidade e fixo un percorrido polo monte de San Xurxo gozando das vistas inmellorables sobre o mar e a praia de Doniños e das explicacións da Xunta Reitora. A xornada rematou, como non podía ser menos, cunha copiosa comida no local social da comunidade.
Experiencias coma esta son dun enorme interese non só para dar a coñecer o patrimonio forestal e concienciar a persoas alleas ao sector da riqueza do monte galego, senón tamén para divulgar o labor dos comuneiros e das xuntas reitoras que empeñan o seu esforzo nuns espazos dos que non só se benefician eles directamente, senón o conxunto da sociedade.
|