Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

O nematodo do piñeiro chegou a Galicia






O 5 de novembro de 2010 foi confirmada en Galicia a presenza de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., nematodo do piñeiro, nunha masa de piñeiros entre os concellos das Neves e Salvaterra de Miño (Pontevedra) a 7 km da fronteira portuguesa.

Con tal motivo demarcouse unha zona na que se aplican unhas medidas de corentena que abrangue unha superficie forestal superior ás 50.000 ha na que están incluídas as masas de piñeiro bravo de maior calidade de Galicia. Os produtos renovables obtidos destas masas e a silvicultura que nelas se practica, son fonte dun alto número de empregos e sosteñen unha diversificada industria da madeira local e rexional.

Ao longo dos meses de novembro e decembro de 2010 a Consellería publicou unha resolución e un anuncio no que se recollían as medidas fitosanitarias para evitar a propagación do axente patóxeno.

En febreiro deste mesmo ano un Decreto publicado o día 4 declarou de utilidade pública a erradicación do nematodo (Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro).

Na resolución do 17 de novembro a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, declarou dúas zonas de prevención:

a. Unha zona de erradicación de 1,5 km de radio arredor da árbore na que se detectou o nematodo na que se deberían cortar todas as árbores sensibles.

b. Unha zona demarcada de 20 km de radio arredor do foco no que se deberían cortar as árbores sensibles, decaídas ou mortas cun ámbito xeográfico que alcanza a 19 concellos do sur de Pontevedra.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es