Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 53

Perspectivas do mercado da madeira en Galicia



Xosé Covelo Míguez
Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga

Na actualidade están aparecendo indicios de recuperación da crise no sector madeireiro. Despois de que case a totalidade da madeira do Klaus fose extraída, que bastantes serradoiros pechasen e do duro golpe ó mercado do ano 2009, estase observando unha lixeira melloría nos prezos da madeira.

Madeira de eucalipto
Nos últimos meses estase producindo unha subida do prezo do eucalipto para trituración debido á subida xeral do prezo da pasta nos mercados internacionais e, a escala galega, pola forte competencia das pasteiras foráneas e pola forte actividade exportadora.

Así, o mercado galego do eucalipto para pasta tivo no segundo trimestre do 2010 unha substancial melloría, acadando prezos medios próximos ós do ano 2008.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es