Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 53

Fusarium circinatum
Nirenberg et O'Donnell






Fusarium circinatum é o fungo causante da doenza do chancro resinoso que coloniza agullas, agromes, froitos, sementes, pólas e troncos. En Galicia o fungo atopouse por primeira vez en dous viveiros da provincia de Lugo a finais do ano 2004 destruíndose daquela 748.064 plantas. A aparición do fungo orixinou a posta en marcha dun plan de detección para indagar a situación e expansión da enfermidade.

O fungo
Fusarium circinatum é un fungo parasito que provoca danos en semente, planta de viveiro e árbores adultas. Pode infectar piñas, poliñas e troncos de hospedadores susceptibles de todas as idades. Ocasiona exudacións resinosas na superficie dos brotes, pólas, troncos e incluso piñas.

O seu síntoma máis característico en árbores é a aparición de resinacións abundantes no tronco, fenómeno ao que debe o seu nome. En planta nova prodúcese un decaemento e desecación das agullas, desecación do talo e por último a morte da planta. Tamén pode observarse a resinación característica no estado avanzado da doenza.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es