Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 41

A AFG impulsa a certificación forestal PEFC en Galicia

Entrevista a José Represas




As principais organizacións forestais galegas constituíron o pasado 17 de setembro a Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (AGPCF). Nesta organización están representados os propietarios forestais, as comunidades de montes, a industria forestal (aserradoiros, papeleiras, fábricas de taboleiros e empresas de explotación forestal). Tamén teñen representación os viveiristas, os centros de investigación forestal, as universidades galegas con estudos forestais, as asociacións de cazadores e a administración forestal en calidade de propietaria e xestora de montes, entre outras organizacións. Pódese afirmar que nesta asociación participa o sector forestal en pleno. A AGPCF está prioritariamente dedicada a desenvolver en Galicia o sistema PEFC de certificación rexional; un sistema que permitirá o acceso á certificación de maneira económica a todos os propietarios forestais que desexen vender madeira certificada.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es