Proxecto piloto de mobilización de biomasa
|
Acollido ao “Programa de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte” da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ENERXIL executou no ano pasado un proxecto piloto de demostración para avaliar as posibilidades de mobilización de biomasa forestal primaria para o seu aproveitamento enerxético.
As actuacións realizadas foron as seguintes:
-
Avaliación das infraestruturas existentes para extracción de biomasa
-
Ensaios de loxística sobre o terreo
-
Plan de divulgación dos resultados
O proxecto piloto desenvolveuse nas comarcas do Baixo Miño, Vigo, Condado e Paradanta da provincia de Pontevedra.
Como conclusións máis relevantes da avaliación das infraestruturas existentes nos montes veciñais que conforman na actualidade a Mancomunidade ENERXIL é que, en xeral, o estándar de calidade da rede básica é suficiente, introducindo algunhas melloras, para permitir a entrada de camións grandes na maior parte dos montes (só con restricións durante a tempada de chuvias) e que a densidade media desta rede básica de pistas forestais é óptima na maioría dos montes da Mancomunidade, con valores comprendidos entre 66,1 e 44,7 m/ha sen contabilizar as pistas temporais. O maior déficit atópase na escasa capacidade de almacenaxe, tanto de biomasa en bruto coma estelada.
|