Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 53

As desmestas e os rareos nas plantacións forestais



Cristina Verde Figueiras
Braulio Molina Martínez



Cando se realiza unha plantación orientada á produción de madeira de calidade, utilízase habitualmente unha densidade de plantas por hectárea superior á que deberá ter no momento da súa corta, polo que, ao longo da quenda, deberemos ir diminuíndo a espesura, ata acadar unha densidade moito menor na idade adulta da repoboación.

Ao igual que ocorre cos recepes no caso das frondosas, somos conscientes do traballo que lle supón a algúns propietarios forestais facer as desmestas e os rareos, pero estes tratamentos son indispensables para conseguir que os pés mellor conformados medren os seus últimos anos con folgura abondo para engordar o máximo posible e producir unha madeira de boa dimensión, sen competencia doutros peor conformados.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es