Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 53

A Lei de Montes de Galicia, unha necesidade urxente



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente AFG

Non descubrimos nada novo volvendo a repetir que o sector forestal galego é unha das bases económico-sociais deste país, tanto pola capacidade produtora en bens tanxibles e intanxibles como pola súa incidencia nunha parte importantísima da nosa sociedade dada a proximidade que o monte ten na súa vida. Esta capacidade produtora de bens e materias primas transformables nas grandes industrias madeireiras, na enerxía ou mesmo no turismo e no medio natural, está ligada á creación de emprego fundamentalmente nas áreas rurais onde se converte nun elemento dinámico importantísimo para a defensa das mesmas e polo mesmo da esencia deste país.

Todas estas posibilidades danse nun medio natural que pertence no 97% a propietarios privados (particulares o veciñais en man común) que aportan importantes esforzos económicos e anímicos para manter esta riqueza en beneficio da sociedade, esforzos que non son compensados axeitadamente pola desidia que veñen amosando todas as administracións de cara ó monte se o comparamos con outros sectores produtivos.

Nestes últimos sete ou oito anos o sector forestal vén loitando e traballando para acadar un consenso que nos permita ter unha Lei de Montes galega que, aceptada polo Parlamento, se manteña activa polo menos quince ou vinte anos obrigando aos Gobernos que pasen a cumprir cos compromisos alí aceptados. Unha lei que mire cara o futuro dende o pensamento dos actores do sector forestal na súa total diversidade representada no Consello Forestal de Galicia.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es