Consello Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade
O Consello Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade é un órgano consultivo en materia de biodiversidade e política forestal; substitúe ao antigo Consello Nacional de Bosques.
Desde o pasado mes de novembro COSE é membro de pleno dereito deste Consello en representación dos propietarios forestais
Observatorio socioeconómico da silvicultura
A Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE) detectou unha falta de información xeneralizada sobre os aspectos económicos e sociais básicos relacionados coa silvicultura:
Os prezos dos principais produtos forestais son manexados a escala local e non existe intercambio de información actualizada entre as distintas comunidades autónomas.
Pola súa parte, as estatísticas oficiais proporcionan datos pouco actualizados, inservibles para manexarse con eficacia no comercio e mercados actuais.
Por outra parte, os modelos de silvicultura actuais e o seu funcionamento económico son escasamente coñecidos e non existen elementos homoxéneos de referencia que permitan a comparación de técnicas e custos dos modelos silvícolas máis comúns utilizados nas distintas comunidades autónomas.
Cursos FORESTAULA
A Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE), en colaboración coa Fundación Biodiversidad e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo, puxo en marcha unha plataforma de modernización e capacitación dirixida a traballadores agrarios, propietarios forestais, traballadores de pemes
e micropemes do sector ambiental e outros responsables da xestión do medio para fomentar o autoemprego, a creación de novas explotacións agroforestais sostibles ou mellorar as xa
existentes no sector. |