A AFG coa certificación forestal PEFC
|
O sistema de certificación forestal PEFC é un sistema
polo que unha terceira parte independente certifica que o
manexo dun monte se realiza de forma sostible. Dentro
do sistema PEFC, hai varias modalidades de certificación:
certificación individual, de grupo e rexional. Para os propietarios
de montes de particulares, a AFG está promovendo
a certificación PEFC rexional por ser a máis viable
desde un punto de vista económico.
A AFG encárgase de facilitar o proceso da certificación
forestal, elaborando a documentación técnica necesaria
e facendo todos os trámites administrativos.
Algunhas das vantaxes de ter un monte certificado
son as seguintes:
• Poder vender madeira certificada no mercado.
• Facilidade para o manexo do monte ao contar cun
plan de xestión.
• Prioridade na solicitude de axudas públicas. |