Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 52

Plantación mixta madeira-biomasa



Francisco Dans del Valle
Enxeñeiro de Montes, director da AFG

As técnicas de plantación forestal e os tratamentos silvícolas teñen unha gran transcendencia no proceso de produción de biomasa con fins enerxéticos, proceso que non ten precedentes en Galicia porque condicionan durante moitos anos a posibilidade de aproveitar un produto a un custo asumible. É, polo tanto, esencial divulgar entre os silvicultores novas técnicas que fagan viable o aproveitamento da biomasa sen renunciar ao aproveitamento tradicional da madeira.

Por outra parte, a diminución progresiva de rendibilidade dos montes orientados á produción exclusiva de madeira para a industria tradicional esixe cada vez máis potenciar de forma complementaria novos aproveitamentos que sexan compatibles e que non requiran períodos tan longos de colleita. Os aproveitamentos da biomasa obtida en operacións silvícolas e nas cortas de madeira son sen dúbida unha alternativa sólida e de moi boa perspectiva para o monte galego.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es