O gasoduto arrasa os montes
José Manuel Pose Silvariño Propietario forestal
|
O propietario de terreos forestais raras veces pode estar tranquilo pola integridade da súa
propiedade. Os terreos forestais son a miúdo espazos cobizados para o paso de todo tipo de
condutos que, ao abeiro da declaración de utilidade pública, arrasan co voo e co chan sen
encomendarse máis que á lexislación que os ampara. Pero, inda que non sempre sucede, a
lexislación ás veces tamén ampara os dereitos dos propietarios.
O caso que agora se aborda é o do gasoduto Abegondo-Sabón e ramal á central de ciclo combinado
de Meirama ao seu paso polos concellos de Carral e Cerceda, que no seu trazado, en vez de
optar pola opción máis axeitada de afectar a dous propietarios (un deles é a mina de Limesa que por
outra parte é o único cliente que ten Reganosa no ramal nomeado), optaron por un trazado que afecta
a uns 60 propietarios de montes arborados cunha media de pendentes do 60%. Casualmente
nos terreos da mina por onde podería discorrer o gasoduto, está previsto que se constrúa un polígono
industrial, un centro deportivo, un campo de golf e un peirao deportivo, entre outras cousas,
nuns terreos que no seu tempo foran expropiados para a mina e que agora serán recualificados sen
que os seus anteriores donos se vexan beneficiados polo cambio. |