Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 52

A crise no sector forestal e a industria da madeira



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente AFG

En tempo de crise económica políticos e industriais peléxanse por atopar un culpable da situación e manterse eles liberados de pecado; neste sentido estamos escoitando a cotío nos medios de comunicación a opinión das industrias madeireiras galegas, a traveso dos seus voceiros, que consideran que o problema de fondo é o alto prezo da madeira galega polo noso minifundio.

É unha verdade de caixón que para producir madeira con menores custos é preciso ter grandes extensións onde se mecanice o traballo e o volume total da venda tape o rendemento unitario; pero esa mesma razón xa non é tan certa para producir madeiras de alto valor con moi boa calidade, madeiras que representan unha renda para os propietarios e, ás veces un maior valor engadido para o país. Unha hectárea desta madeira pode chegar nas nosas boas condicións a producir entre 300 e 400 m3 en quendas de 40 anos e cun valor final que pode superar os 60.000 € en pé o que permite manter ao silvicultor unha cativa renda bruta de 1.500 € por hectárea e ano; este sistema de produción dá traballo a moita xente na aplicación dunha silvicultura de calidade e na plusvalía que aporta na súa transformación.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es