Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 52

A situación actual da biomasa en Galicia



Xosé Covelo Míguez
Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga

O monte, reserva de enerxía de presente e futuro
O auxe das enerxías renovables, que substituirán de xeito progresivo unha gran parte do consumo de enerxías fósiles, está poñendo no centro da actualidade enerxética a biomasa forestal, e polo tanto, o potencial dos nosos montes. A biomasa forestal é unha fonte renovable de enerxía que non contribúe ao quentamento global, da que os montes galegos supoñen unha importante reserva. A valorización deste combustible levará parello a creación dunha moi necesaria dinámica económica no rural galego. Actualmente estanse creando novas empresas de aproveitamento de biomasa, de instalación de caldeiras, empresas de loxística para a distribución do combustible e novos postos de traballo no monte para o aproveitamento deste recurso.

Os propietarios, xa sexan particulares ou comunidades de montes veciñais en man común, posúen a titularidade sobre o petróleo do século XXI, sen esquecer a enerxía eólica, e será o seu deber xestionar axeitadamente este recurso para que sexa ilimitado, sustentable e continuo. Polo tanto, toda a industria e mercado xerado entorno á biomasa forestal aséntase sobre a propiedade forestal, debendo este novo sector económico xestionar, decidir e lexislar de cara ao propietario e produtor do recurso.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es