Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 52

A poda, traballo fundamental para a obtención de madeira de calidade



Cristina Verde Figueiras e Braulio Molina Martínez


Conseguir unha madeira de calidade depende de moitos factores que comezan cando eliximos o sitio da plantación, a especie, a planta, o método de plantación... pero, fundamentalmente, de levar a cabo un programa de podas axeitado. Podar no momento oportuno, na época axeitada, cunha ferramenta apropiada e cuns cortes ben dados é fundamental para producir boa madeira de calquera especie.

Desde a súa fundación, a Asociación Forestal de Galicia venlle insistindo aos seus socios na importancia de realizar unha boa poda, no seu momento e de maneira axeitada, pero á vista de moitas plantacións forestais estragadas por unha poda mal feita ou sen facer, consideramos necesario incidir unha vez máis na importancia da poda como traballo fundamental para conseguir madeira de calidade.

Épocas de poda
Ata hai uns anos aceptábase como época axeitada e xeneralizada para podar os meses do inverno. Nos últimos anos a investigación constatou que non sempre esta época era a mellor, de feito, case para todas as especies forestais é moito máis axeitada unha época diferente. As podas no inverno, e nunha época húmida en xeral, teñen o risco de que os cortes quedan abertos ata que na primavera, coa subida do zume, comezan a pechar, co que se expón a árbore durante moito tempo a que pola ferida penetren todo tipo de patóxenos. Esta é a razón principal pola que se recomenda retraer a poda a épocas máis benignas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es