Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

Reunións cos socios da AFG afectados polo Klaus






Ante o gran número de chamadas de asesoramento e axuda dos socios ao paso do ciclón Klaus, a Asociación Forestal de Galicia celebrou dúas xuntanzas en As Pontes o 16 de marzo e en Ferreira do Valadouro o 20 de marzo. Nelas se informou da situación da catástrofe e das negociacións levadas a cabo coa Dirección Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural.
Ás reunións asistiron uns 350 socios, todos eles propietarios forestais con montes afectados polo temporal e moi preocupados polo retraso na toma de medidas e pola pésima situación do mercado da madeira, con prezos moi baixos e sen unha perspectiva de cambio nun futuro próximo.
Os técnicos da AFG explicaron as propostas da AFG de cara a busca dunha solución o máis axeitada posible. Informaron tamén das negociacións nas que a AFG participou no seo da Mesa da Madeira de Galicia, da cal o resultado foi a sinatura dun Acordo Forestal para o aproveitamento e recuperación dos montes afectados polo ciclón Klaus.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es