Temporal do 23 ao 24 de xaneiro de 2009
Os danos nos montes galegos
|
Na noite do 23 ao 24 de xaneiro unha cicloxénese explosiva orixinada entre unha masa de aire quente tropical e outra fría no Atlántico dou lugar a ventos moi fortes que causaron danos moi elevados nas masas forestais galegas. A forza do vento acadou en moitos casos velocidades superiores ás orixinadas polo ciclón Hortensia en 1984, rexistrándose velocidades de preto dos 200 km/hora. |