Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

Juan Ramón Gallástegui, propietario forestal en Boqueixón






Juan Ramón Gallástegui, profesor e químico de formación, leva a xestión dunha propiedade forestal familiar no concello de Boqueixón (A Coruña). O monte ocupa 25 hectáreas arboradas e encóntrase repartido en 10 parcelas.
O concello de Boqueixón está situado ao sureste de Santiago de Compostela na bacía do río Ulla, nunha comarca con montes moi produtivos resultado dos bos solos, das abondosas precipitacións e das temperaturas temperadas. Concello tradicionalmente agrícola-gandeiro veu medrar nos últimos anos a súa superficie dedicada a monte no que predominan o piñeiro do país, o eucalipto e as fragas.
Hoxe en día o 58,31% da superficie municipal é forestal (4.264 ha), toda ela de montes de particulares, non existen montes veciñais en man común nin montes públicos.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es