Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 42

XVIII Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia






O pasado 15 de maio celebrouse a XVIII Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia na Casa da Cultura de Arzúa. O acto foi inaugurado polo alcalde Xaquín García Couso e entre os temas tratados cabe destacar a aprobación das contas correspondentes ó ano 2003 e do orzamento para o ano 2004, o informe da Xunta de Goberno sobre as actividades da Asociación e a aprobación da participación da AFG na Entidade solicitante de certificación forestal PEFC en Galicia. Asemade, aprobouse tamén por maioría a participación da Asociación en proxectos de cooperación europeos e a autorización á Xunta de Goberno para que poida contratar operacións de crédito, avais, empréstimos, anticipos de certificacións e arrendamentos financeiros para a realización das actividades da AFG e o desenvolvemento dos convenios de colaboración.

Ó remate desta Asemblea ordinaria celebrouse outra extraordinaria na que se presentou a proposta de modificación dos estatutos da AFG para adaptalos á nova lei de Asociacións 1/2002, modificación que foi aprobada por maioría absoluta despois do debate dos artigos modificados. A xornada rematou cun xantar e unha visita a plantacións de castiñeiro e carballo americano da zona e mais á piscina municipal que foi construída cunha combinación de formigón e madeira a partir dun prototipo deseñado para a Deputación Provincial da Coruña polos arquitectos Antonio Raya, Carlos Quintáns e Cristóbal Crespo.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es