Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 50

A ameaza vén de Portugal:
O nematodo da madeira do piñeiro






O nematodo da madeira de piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), é un verme microscópico que mide menos de 1,5 mm e está considerado un dos patóxenos máis perigosos para as coníferas a escala mundial, pois é o axente causante da enfermidade da seca dos piñeiros, orixinando a morte das árbores afectadas.
Foi detectado en Portugal no ano 1999 no piñeiral da península de Trofa, ó sur de Lisboa, onde foi illado con medidas de corentena para a madeira. Agora detéctase a súa presencia en mais áreas portuguesas e ameaza con expandirse.

De acordo coa recomendación das autoridades da Unión Europea, a Xunta de Galicia debería adoptar medidas inmediatas de prevención para defender os piñeirais galegos deste perigoso patóxeno. Isto é o que a AFG ven de demandar á Consellería do Medio Rural, responsable da sanidade dos nosos montes.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es