Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

XXI Asemblea xeral da AFG en Padrón






O 30 de xuño de 2007 a Asociación Forestal de Galicia celebrou en Padrón a súa vigésimo primeira asemblea xeral á que acudiron máis dun cento de socios e que contou coa presencia na apertura do alcalde da localidade.

No transcurso da mañá aprobáronse as contas da asociación e máis o informe de actividades correspondentes ao ano 2007. Tamén se discutiu a idoneidade de subscribir unha póliza conxunta de seguros de responsabilidade civil.

Na mesma xornada, celebrouse unha asemblea xeral extraordinaria para a modificación do artigo nº 6 dos estatutos. Con esta modificación poderán ser socios da AFG as entidades con personalidade xurídica propia que aínda que carezan de titularidade de propiedades forestais ou explotacións forestais, agrupen a outras persoas ou entidades que na súa maioría dispoñan desa titularidade e compartan os fins da AFG.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es