Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

Produción de enerxía eléctrica con biomasa forestal






En maio de 2007 o goberno central promulgou o Real Decreto 661/2007 que regula a actividade e o proceso de produción de electricidade a partir de fontes de enerxía renovables. Este Real Decreto substitúe ao anterior RD 436/2004.

O novo Real Decreto establece unha diferenciación no tratamento xurídico e económico das centrais de produción de electricidade a partir de enerxías renovables, clasificando o seu tratamento en función das enerxías primarias utilizadas, das tecnoloxías de produción empregadas e dos rendementos enerxéticos obtidos.

No referente á produción de enerxía eléctrica a partir de biomasa, distínguese entre material de orixe forestal, material de orixe agrícola e os materiais residuais procedentes da industria da madeira e da industria agroalimentaria. Para estes materiais, establécense dous grupos de centrais b.6 e b.8.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es