Produtores de biomasa forestal primaria asócianse
Jesús Rodríguez Álvarez Presidente da Mancomunidade de Produtores de Biomasa Forestal Primaria do Sur de Galicia
|
O 20 de outubro de 2007 constituíuse en Xinzo, Ponteareas, a Mancomunidade de Produtores de Biomasa Forestal Primaria do Sur de Galicia, que agrupa actualmente a un colectivo de 56 comunidades de montes veciñais de 19 concellos de Pontevedra. A superficie de monte agrupada pola Mancomunidade ascende a
15.000 ha, sendo previsible a súa ampliación a máis de 35.000 ha coa incorporación de novas comunidades.
Esta iniciativa, pioneira en España, foi impulsada pola Asociación Forestal de Galicia e culmina a primeira etapa dun traballo intenso de promoción e desenvolvemento da biomasa forestal primaria como recurso energético renovable de gran futuro en Galicia.
Un territorio óptimo para a produción de biomasa A constitución desta mancomunidade no sur de Pontevedra non é casual. Ademais de ser unha das zonas con mayor implantación da Asociación Forestal de Galicia entre comunidades de montes veciñais, presenta unha serie de factores favorables para a instalación de plantas de biomasa: unha elevada porcentaxe de montes veciñais en man común (máis do 65% de superficie veciñal respecto da superficie forestal total) cunha superficie media por monte de 261 ha e un alto nivel organizativo.
|