Modificación da fiscalidade das comunidades de montes veciñais en man común
|
A Lei 16/2007, do 4 de xullo (BOE do 5) modificou a redacción do artigo 123 da Lei do Imposto sobre Sociedades onde se regula o réxime das comunidades titulares de montes veciñais en man común. Ata ese momento, as comunidades de montes calculaban o seu resultado contable seguindo os criterios contemplados no Código de Comercio. Se resultaba positivo, podía elixir entre pagar un 25% en concepto de Imposto sobre Sociedades ou ben comprometerse a investir ese beneficio en “Inversións para a conservación,mellora, protección, acceso e servizos destinados ó uso social ó que o monte estea destinado ou para financiamento de obras de infraestruturas e servizos públicos, de interese social”. Podía executar ese compromiso ó longo dos tres anos seguintes. Coa modificación aprobada, ese prazo de tres anos amplíase a catro, créase un novo grupo de gasto xa que tamén poden reducir a base impoñible os gastos destinados á “conservación e mantemento do monte” e, como novidade máis importante, durante ese período de catro anos que ten o suxeito pasivo para a realización de tal investimento, pode propoñerlle á Axencia Tributaria un plan de investimentos que contemple un período superior e, se é aceptado por esta, o tempo para o reinvestimento aumentaría ata o novo prazo proposto. |