Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

Unha nova doenza nos piñeirais galegos causada por Lachnellula rehmii (Stepham & Butin 1980)



Francisco J. Fernández de Ana Magán, Ascensión Castro Batán e José Gómez Bragaña


Desde hai doce anos véñense estudando no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán as causas da presenza en Galicia e País Vasco de grandes cancros resinosos en fustes de Pinus radiata e P. pinaster; os danos causados por este mal son importantes por destruír a madeira de primeira calidade para o seu aproveitamento industrial tanto para chapa como para serra. Ao longo deste tempo detectouse un incremento deste mal en novos poboamentos, posiblemente relacionados cos tratamentos silvícolas realizados. Neste caso esta doenza presenta algunhas características moi peculiares tanto na sintomatoloxía do dano como nas características do propio fungo. O dano foi detectado en P. radiata, inicialmente en Galicia en 1995 e posteriormente en 1997 no País Vasco; anos despois atopouse en P. pinaster en Galicia. Nestes últimos anos, en traballos de mostraxe do estado sanitario das masas forestais galegas, confirmouse o forte espallamento que está tendo este mal nos piñeirais galegos. Esta doenza estúdase por primeira vez atacando a Pinus pinaster e P. radiata e o patóxeno Lachnellula rehmii Stepham & Butin méntase por primeira vez na Península Ibérica.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es