Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

Parcela de bidueiras no monte O Cimbro



Juan José Villarino Urtiaga
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela

O monte do Cimbro áchase situado no vilar da Granda Vella, parroquia de Fraialde, concello de Pol, no extremo suroccidental deste e testando coas parroquias de Santa Comba de Ourizón, Mondriz e Ludrio, do municipio de Castro do Rei. .

Segundo o Diccionario Xerais, edición de decembro de 1988, o termo cimbro “(do lat. Cymula = punta)”, ten a significación de cume ou cima e precisamente a uns 200 m cara o leste da nosa parcela, vénse atopando o curuto do outeiro. .

Desde alí, a unha altitude de 564 m sobre o nivel do mar, un pode disfrutar dunha ampla paisaxe, con vistas á Chaira e monte Toxoso de Abadín ó Norte, á Serra de Meira e mais ó leste, á Bacariza e monte Monciro do concello de Castroverde.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es