Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

Rematou o proxecto MADER






O pasado mes de setembro rematou o proxecto MADER Optimización de técnicas de medición de existencias madeirables e de recursos forestais con posibilidade de aproveitamento enerxético desenvolvido pola Asociación Forestal de Galicia entre 2004 e 2007.

Este proxecto foi financiado pola Consellería de Innovación e Industria dentro do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

O traballo realizado no proxecto encamiñouse cara o desenvolvemento de técnicas para avaliar con precisión e de forma viable os produtos madeirables e leñosos das masas forestais galegas con posibilidade de saída comercial. Tamén se contemplaron aqueles produtos leñosos que antes tiñan a consideración de residuos e que, pola súa demanda para a produción de enerxía ou pola súa posibilidade de fixación de CO2, poden adquirir unha valorización superior á actual.

Ao longo do proxecto traballouse no perfeccionamento do procedemento de medición do fuste da árbore en Eucalyptus globulus, Pinus pinaster e Pinus radiata, principalmente no caso das dúas primeiras.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es