Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

Custos e prezos da biomasa forestal primaria (BFP) para enerxía






Entre maio de 2004 a xuño de 2007 a Asociación Forestal de Galicia coordinou o proxecto Enersilva, Promoción da biomasa forestal con fins enerxéticos no suroeste de Europa. O proxecto reuniu a organizacións privadas de propietarios forestais e a entidades públicas ligadas á produción forestal e ao desenvolvemento de enerxías renovables de seis rexións –Aquitania, Galicia, Cataluña, País Vasco, Norte e Centro de Portugal–, de tres países do sur de Europa: Francia, España e Portugal. No marco deste proxecto, no suroeste de Europa e, en particular, nas seis rexións participantes no Enersilva, xerouse unha intensa actividade de estudo e análise sobre as posibilidades de aproveitamento enerxético da biomasa forestal.

O pasado mes de decembro realizouse a publicación final do proxecto Enersilva, que pretende dar a coñecer o traballo realizado no marco de devandito proxecto, así como as otencialidades e os condicionantes ao uso da biomasa forestal con fins enerxéticos existentes nas rexións implicadas no proxecto. A continuación faise unha exposición dun dos temas de gran interese dentro dos abordados na publicación: custos e prezos da biomasa forestal primaria.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es