USSE: política de Desenvolvemento Rural Sostible
Reflexións da Unión de Silvicultores do Sur de Europa
|
Os propietarios forestais, desde sempre, xestionaron e coidaron os montes, creando e cultivando o campo, é dicir, as paisaxes e o medio ambiente; tamén contribuíron a manter a calidade da auga, á protección dos solos contra a erosión, etc. Todas estas contribucións ó benestar dos pobos foron feitas gratuitamente polos propietarios forestais. Desde este punto de vista son, xunto cos agricultores, os únicos protagonistas reais do medio ambiente: sen eles, sen a súa participación activa, nada sería posible. |