Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 49

A revista O Monte e o cambio climático



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente

Desde hai tempo vimos matinando como aguilloar o papel que deben desempeñar as asociacións forestais en Galicia e no resto da UE ante o reto do cambio climático. A nosa preocupación céntrase no xeito de como a sociedade urbana e mesmo parte da rural miran o monte sen entender a importante aportación en produtos directos e indirectos que poden contribuír a minorar ese cambio.

É ben sabido que as forestas están indo a menos en todo o mundo; pero a nosa sociedade láiase de xeito hipócrita do que acontece nas forestas tropicais, esquecendo que unha foresta galega ou europea en xeral pode aportar equivalentes valores ambientais.

Dun xeito semellante os nosos gobernos miran o monte como o espazo onde se poden satisfacer a maior parte dos anceios por dispor de terra para calquera proxecto urbanístico, industrial ou gandeiro, sen pararse a avaliar prudentemente as perdas ambientais e produtivas que ese espazo de monte produce; cando os incendios acadan dimensións perigosas entón falan de medidas de control que impoñer ao silvicultor.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es