Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

Alerta en Portugal polo descenso das existencias de madeira en pé nos últimos anos



Manuel Pazos Lamoso
Xerente da Unidade de Comercialización de madeira de SELGA

En Portugal acábase de publicar o 5º inventario forestal realizado no período 2005-2006 onde se analizan as existencias de madeira nos montes lusos. Comparando os datos co inventario realizado dez anos atrás, os resultados amosan un claro descenso das existencias de madeira en pé.

A superficie de piñeiro marítimo (Pinus pinaster) descendeu un 27%, pasando de 976.100 ha a 710.600 ha. Este alarmante descenso é debido a dous factores: aos lumes ocorridos nos últimos anos e á faixa de contención que obriga a cortar todos os piñeiros nunha banda de 5 km de ancho para limitar a expansión do nemátodo da madeira de piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus). Isto provocou un descenso do volume con casca de madeira en pé de 67 millóns de m3.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es