Reunión do Consello Forestal de Galicia
A AFG plantexou varios temas de gran interese para os propietarios forestais galegos
|
O 18 de abril reuniuse en Santiago o Consello Forestal de Galicia no que están representadas todas as organizacións do sector forestal galego.
O presidente da AFG participou nesta xuntanza intervindo na mesma para deixar constancia en relación co Plan de Intervención, que cando se produza un lume nunha área se lle comunique ao grupo de apoio veciñal coa a maior premura posible. Ademais o presidente presentou ao Consello catro puntos fundamentais aos que AFG considera que a política forestal debería prestar maior atención.
|