Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

Breves






USSE propón medidas europea contra as catástrofes forestais
Na vindeira xuntanza do Grupo Consultivo Bosques e Cortiza da Unión Europea, na que participa o director da AFG en representación de CEPF-COSE, a Unión de Silvicultores do Sur de Europa presentará unha proposta para que se establezan medidas efectivas para a prevención contra os incendios forestais e para a protección dos bosques contra os danos derivados das catátrofes naturais.

Recta final para a certificación rexional PEFC en Galicia
Ao longo do ano 2007 vaise implantar en Galicia a certificación rexional PEFC da xestión forestal sostible, na que poderán participar todos aqueles propietarios de montes, particulares e comunidades veciñais, que xestionen o seu monte de maneira sostible e desexen adherirse ao sistema. A certificación rexional xa está operativa nas comunidades autónomas de Cataluña, País Vasco e Castela-León.

O certificado PEFC, vai ser único para Galicia e será custodiado pola Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal Rexional PEFC, da que a AFG forma parte da xunta directiva. A posta en marcha do procedemento está na súa recta final despois de varios anos de preparación dos documentos necesarios para o funcionamento do sistema. O proceso culmina coa solicitude do certificado ante unha entidade de certificación, que, unha vez pasado o trámite de auditoría, permitirá obter o certificado rexional.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es