Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

O cancro do castiñeiro






O cancro do castiñeiro é unha doenza producida polo fungo Cryphonectria parasitica; este fungo entra na árbore polas feridas, chegando a secala despois de producir cancros na casca que son doados de identificar pola súa tonalidade bermella. As árbores afectadas volven rebentar por debaixo do cancro, pero os rebentos novos herdan a enfermidade.

O feito de que este fungo entre polas feridas das árbores fai que debamos ter coidados extremos nas tarefas de poda, procurando cortar as pólas cando aínda teñen pouco diámetro e facelo cando a árbore comeza a botar a folla. Neste momento os cortes pechan máis rápido xa que se manteñen abertos e expostos á infección o menor tempo posible.

Tamén se deben evitar golpes nos pés producidos pola maquinaria ou rascaduras de animais. De aí que sexa tan importante non achegar os apeiros ás plantas e poñer tubos protectores para evitar o rozamento dos animais.

Debido a este problema, é fundamental tratar as feridas con pasta cicatrizante (se leva tamén funxicida moito mellor) inmediatamente despois do corte, e desinfectar ben as ferramentas de poda con formol ao pasar dunha árbore para a outra.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es