Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

Presentación dos resultados do proxecto FORSEE en Galicia






O proxecto FORSEE chega ao seu fin e o día 23 de abril tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo a presentación dos resultados en Galicia.

O obxectivo do proxecto era avaliar os criterios e indicadores da xestión forestal sostible e adaptalos á realidade dos montes galegos. No proxecto participaron socios de Irlanda, Francia (Aquitania e Midi Pyrénées), Portugal (Centro e Norte) e España (Cataluña, País Vasco, Navarra, Castilla-León, Cantabria e Galicia).

A apertura da Xornada na que se presentaron os resultados correu a cargo do director da Escola Politécnica Javier Bueno Lema, dando paso de seguido á presentación por parte de varios profesores dos resultados dos criterios e indicadores de xestión forestal sostible avaliados dentro do proxecto: fixación de carbono, sanidade forestal, produción forestal, biodiversidade, protección de solos e aspectos socioeconómicos.

No acto tamén participou o xerente da Unión de Silvicutores do Sur de Europa, Óscar Barreiro Mouriz e mais o director do Instituto Europeo do Bosque Cultivado, Chistophe Orazio, esta última institución foi a coordinadora do proxecto.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es