Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 48

Conclusións do 2º Seminario internacional Enersilva
Redes de calor e biomasa forestal

Le Bugue-Périgueux, 18 de xaneiro de 2007




O segundo seminario internacional “Biomasa forestal e redes de calor”, tivo lugar en Dordoña o 18 de xaneiro de 2007 e reuniu arredor de 60 participantes de Francia, España e Portugal no marco do proxecto de cooperación transnacional Enersilva “Promoción do emprego da biomasa forestal para a produción de enerxía no suroeste de Europa”, cofinanciado polo programa INTERREG III B SUDOE da UE.

Este seminario foi organizado conxuntamente pola Unión de Sindicatos de Silvicultores de Aquitania e o Consello Xeral de Dordoña, promotor desde hai dez anos dun plan de biomasa baseado na instauración de redes de calor. A presencia de autoridades locais, propietarios forestais, técnicos do bosque privado así como de representantes da administración chegados de toda a rexión e tamén dos países do suroeste de Europa, dá proba do interese crecente polos proxectos colectivos que empregan biomasa e tamén polas cuestións pendentes relacionadas co desenvolvemento nos próximos anos e o seu impacto na economía forestal individual e rexional.

A mañá do seminario dedicouse a unha visita ao concello de Le Bugue co fin de coñecer a caldeira de biomasa da residencia da terceira idade e o seu circuito de subministro de estela, que leva funcionando enteiramente automatizada: inclúe os tanques de almacenamento da estela, o de recuperación das cinzas e o edificio que alberga a sala de máquinas. A caldeira funciona con 390 toneladas de madeira anuais proporcionadas pola Cooperativa de Utilización de Material Agrícola (CUMA) Agro-2000.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es