Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 47

Programa de formación outono 2006






O 25 de novembro de 2006 rematou o programa formativo que a Asociación Forestal de Galicia organizou durante o outono de 2006 co patrocinio da Consellería do Medio Rural. O peche púxoo unha excursión a Palas de Rei, Chantada e Vilamarín rematando con ela tres meses de actividades formativas.

O programa de 2006 contou con 19 actividades que se desenvolveron desde finais de setembro e abrangueron moi diferentes aspectos da actividade silvícola: cursos dedicados á silvicultura das frondosas (O Corgo, Abegondo, Ordes e Vilalba), e aos aproveitamentos do monte distintos da madeira (Lalín e Monforte de Lemos). Seminarios técnicos nos que se trataron o silvopastoralismo (Mondariz), o mercado e a comercialización da madeira (Meis), as técnicas de poda (Santa Comba e Curtis) e o aproveitamento da biomasa forestal primaria para o seu emprego con fins enerxéticos (Ponteareas, Lourenzá, Xove, As Pontes, Cambados e Ribeira).

Nas actividades combináronse as actividades teóricas coas prácticas e a través das viaxes forestais tamén se tivo ocasión de visitar experiencias levadas a cabo sobre os temas tratados nos cursos e seminarios.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es