XX Asemblea xeral da AFG en Ponte Maceira
A Asociación Forestal de Galicia cumpre 20 anos
|
O 20 de maio de 2006, celebrouse na sede da Sociedade Cooperativa Feiraco en Ponte Maceira (Ames) a XX Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia.
O acto estivo presidido polo presidente de honor da AFG, D. Fernando Molina Rodríguez e comezou cun discurso de benvida do presidente de Feiraco, D. Jesús García Calvo que fixo unha introdución sobre o sector agrícola e forestal en Galicia e sobre a Cooperativa que preside.
Na asemblea aprobáronse as contas da Asociación do ano 2005 e o orzamento do ano 2006. O presidente presentou o informe sobre a actividade da AFG e Selga e sobre a situación do mercado da madeira en Galicia.
Despois da quenda de intervención dos socios, aprobouse unha resolución para solicitar da Xunta de Galicia un cambio na lexislación que afecta as expropiacións de terreos forestais.
|