Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 45

Novidades na Mariña lucense e no Ortegal



Manuel Pazos Lamoso
Xerente da Unidade de comercialización de madeira de Selga

O mercado de Eucalyptus globulus na Mariña Lucense e no Ortegal, principais zonas subministradoras de madeira para pasta de papel de Galicia, presenta algunhas novidades. Nestas comarcas, os produtores vendían a madeira sen casca, disfrutando de prezos en pé superiores ao resto de Galicia onde xa se vendía desde hai tempo a madeira con casca. Agora, a principal industria consumidora de madeira de eucalipto en Galicia anuncia que proximamente comezará a comprar unicamente madeira con casca.

Se se aplicasen na Mariña e no Ortegal os prezos que actualmente se pagan pola madeira de eucalipto con casca no centro e sur de Galicia, os propietario forestais do norte sufrirían unha caída na rendibilidade das súas explotacións, que estimamos entre un 15 e un 25%. Algo que sen dúbida sería un duro golpe para a economía forestal destas comarcas e que previsibelmente tería consecuencias notábeis no mercado.

Unha nova baixada do prezo en pé da madeira de eucalipto veríase acompañado dun descenso das cortas e dunha diminución da inversión no monte por parte dos silvicultores, altamente sensibilizados pola perda de rendibilidade das plantacións de eucalipto. Este escenario obrigaría, máis tarde ou máis cedo, a buscar saída de parte do produto en centros consumidores de fóra de Galicia.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es