Modificación térmica para Pinus radiata
Artigo extraído de Ensis Link, nº 4
|
Os consumidores de hoxe en día esixen unha maior variedade de elección á hora de mercar produtos de madeira. Non a todos os compradores lles agrada usar madeiras tratadas con conservantes e existe unha crecente repulsa a usar madeiras nobres non sostíbeis extraídas da selva tropical. Este feito deixa á industria madeireira fronte ao reto de proporcionar madeira duradeira sen o uso de produtos químicos adicionais.
Mentres unha nova xeración de biocidas efectivos para preservar a madeira está proporcionando unha solución parcial a este problema, o desenvolvemento de técnicas de modificación térmica oferta un enfoque completamente distinto.
A modificación térmica consiste en quentar a madeira a temperaturas entre 160º C - 260º C en ausencia de osíxeno. Esta técnica dá como resultado unha mudanza constante na composición química da madeira, proporcionando un remate e unha durabilidade mellorados. En liñas xerais, o proceso é semellante ao da caramelización do azucre quentado, proceso no que a calor e a química da substancia orixinal están constantemente alteradas. |