Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 45

A AFG investiga como mellorar as técnicas de medición de madeira

A Asociación Forestal de Galicia está a levar adiante un proxecto de investigación que ten como obxectivo optimizar as técnicas de medición de existencias madeirábeis e de recursos forestais con posibilidade de aproveitamento enerxético. A iniciativa posi




O 48% do total da madeira que se corta en España prodúcese en Galicia, sendo o sector forestal da Comunidade Autónoma o máis importante do conxunto español. A isto cómpre engadirlle o feito de que Galicia é o lugar que concentra o maior número de propietarios forestais e os bosques máis produtivos e diversos.

Ademais, contamos tamén cun sector industrial de servizos diversificado e potente. Os serradoiros están vivindo unha evolución á baixa ao pasar de máis de mil plantas ás 300 actuais, mais parellamente xurdiron outros sectores que repercuten moi positivamente no sector, como son o sector de taboleiros, hoxe punteiro no mundo; un sector de pasta para papel e un sector de carpintaría industrial. Desde o punto de vista da produción, dos servizos e da industria, Galicia ten o sector forestal máis diversificado e de maior potencia económica de toda España. Preocupados por medir axeitadamente o valor dos nosos montes, a AFG está a levar adiante un proxecto de investigación para optimizar as técnicas de medición de existencias madeirábeis e de recursos forestais con posibilidade de aproveitamento enerxético. Esta iniciativa conta co apoio do Plan Galego de I+D+I da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a través do seu programa de Biodiversidade e Recursos Forestais.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es